top of page

                                                                                                                                                                                                                   3 de Novembro de 2013

 

A Sebastian Vettel non lle vale o feito de ser xa camipón de Fórmula desta edición de 2013. O seu espírito é competitivo, quere máis. Hoxe demostrouno. Aos seus 26 anos e con catro mundiais consecutivos ás costas, Vettel suma xa sete Grandes Premios seguidos (algo só conseguira unha lenda viva deste deporte: M. Schumacher), entre eles o de hoxe, o GP de Abu Dabi.

 

O circuíto de Yas Marina foi testemuña da sufciencia do piloto de Red Bull, que demostra a súa superioridade neste preciso momento respecto ao resto de pilotos. Max Webber quedou en segunda posición, e declarou que "Vettel estivo fóra de alcance". O alemán Nico Rosberg completou o podio ao finalizar terceiro.

 

Alonso pide sanción para Vergne:

 

Pola súa parte, Fernando Alonso, que terminou en quinto lugar, mostrouse descontento cun incidente sufrido con Vergne, pois considera que o francés "intentou sacalo da pista". En palabras textuais, o o piloto astuariano declarou: "cando vai un coche ao par doutro non podes utilizar toda a parte da pista, e estábamos roda con roda e el foise xusto á liña de refrear... Supoño que me botou da pista. Ou te volves invisible, ou tes que ir por aí".

 

O lance en cuestión está a ser investigado polos comisarios, aínda que Alonso non se mostra moi optimista: "imos ver o que din os comisarios, porque sempre son bastante aleatorios nas súas decisións".

Vettel conquista Abu Dabi

Sebastian Vettel

bottom of page