top of page

                                                                                                                                                                                                                 30 de Novembro de 2013

 

O rugby vigués está de festa. Os galegos do Vigo Rugby Club abandonan a derradeira praza da División de Honra de Rugby e, ademais, sumaron en Sevilla ante o Ciencias Club de Rugby a súa segunda vitoria.

 

Os galegos foron pola vitoria desde o inicio. Aos cinco minutos, Uru convertía un ensaio e, asemade, adiantaba aos visitantes no marcador (0 a 7). Tres minutos despois outro ensaio, desta vez de Chester, puña o 0 a 14. Se ben os locais gozaron dun ensaio no minuto 14 (5 a 14), o encontro estaba de cara para os galegos, malia que no minuto 32 recibisen unha mala noticia en forma de lesión de Salgado.

 

Outro ensaio sen converter de Uru e mais un ensaio convertido de Monti puñan o marcador en 5 a 26 ao descanso.

 

Na segunda metade, o Vigo Rugby Club continuaba a mandar no marcador. Un ensaio de Marshall no minuto 42 transformouse no 5 a 33. Se ben os locais parecía que querían reaccionar nestes minutos finais, ao final o encontro resolveuse por 26 a 33 a favor dos vigueses. Importante vitoria que, de seguro, lle dará azos ao Vigo Rugby Club para afrontar as vindeiras xornadas.

O Vigo Rugby Club suma a segunda vitoria

bottom of page