x
g d
Xornal
GALDEPORTE
16 de Novembro de 2013
O Pazo dos Deportes de Lugo acolleu esta tarde o partido da sétima xornada la Liga regular da LEB Ouro, no cal se mediron o CB Breogán e o Peñas Huesca.
Tratouse dun encontro moi igualado, de defensas férreas e poucos puntos. No primeiro cuarto, os breoganistas acadaban unha vantaxe de +4 (14-10), reducida en 1 punto ao descanso (27-24).
Á volta do descanso, os galegos conseguían ver a canastra con maior claridade, aínda que a tónica do encontro foi practicamente a mesma. Non obstante, cun parcial de 7 a 2 nos cinco minutos iniciais do terceiro cuarto, os galegos acadaban unha vantaxe de +8 (34-26). Os galegos levaron en todo momento a iniciativa no marcador, remataron o cuarto 7 puntos arriba (45-38).
No derradeiro período, o Breogán soubo manter as distancias. No obstante, a falta de 4 minutos o Peñas Huesca lograba poñerse a 3 puntos (52 a 49). Os visitantes parecía que podían levar o encontro, mais unha canastra de Dani Rodríguez e unha tripla de Álex López espantaron todos os fantasmas. Ao final, 57 a 50.
O Breogán mantén o empate co Andorra no máis alto da clasificación da LEB Ouro, e contempla a competición desde o segundo posto. A semana que vén, viaxará Á Rioxa para se enfrontar a un equipo asequible, o Clavijo.
Vitoria axustada do Breogán

Diouf foi o MVP, con 22 puntos de valoración