x
g d
Xornal
GALDEPORTE
16 de Novembro de 2013
O CD Lugo derrotou esta no Tolarín á SD Ponferradina por 0 a 2.
Os minutos iniciais foron dos locais, e incluso deron o susto por causa dun zapatazo de Javi Lara desde o medio do campo que case se converte en gol. Porén, o partido foise igualando co paso dos minutos, e ao descanso chegouse con táboas (0-0).
A segunda parte comezou con ocasións para a Ponferradina. Yuri realizaba un lanzamento que a piques foi gol no 49. Porén, no 59, eran os galegos que contestaban por medio de Sandaza. Pouco despois, no 63, Pablo Sánchez adiantaba ao Lugo.
Malia os envites locais, os galegos souberon manterse no partido, e no minuto 88 Ernesto, ex da Ponferradina, anotaba o 0 a 2 definitivo.
Vitoria importante do CD Lugo que lle permite seguir a soñar desde os postos altos da clasificación.
Vitoria do CD Lugo en Ponferrada

Pablo Sánchez celebra un gol