top of page

                                                                                                                                                                                                                 10 de Novembro de 2013

 

Vitoria esmagadora a conseguida esta noite polo FC Barcelona no Estadio Benito Villamarín ante o Real Betis.

 

Os culés saíron decididos polos tres puntos, e mediante o dominio do balón impediron que os béticos realizasen ocasións de gol. A primeira ocasión local correu a cargo de Jorge Molina e produciuse no minuto 18. Victor Valdés evitou o tanto dos andaluces.

 

No minuto 21 saltaron as alarmas para os barcelonistas. Leo Messi, mancado, tiña que abandonar o terreo de xogo, polo que foi substituído por Iniesta. O astro arxentino sobre unha lesión muscular no bíceps femoral da perna esquerda, e luns será sometido a probas para determinar o alcance exacto da lesión.

 

Sen Messi no campo, a condición de crack recaía en Neymar. O brasileiro estivo activo en ataque, no minuto 25 a piques estivo de marcar de cabeza. No entanto, conseguiríao no 35. Song realiza un gran pase a Fábregas e este asiste a Neymar para o 0 a 1. Un minuto despois Pedro Rodríguez nunha xogada individual de contraataque, anotaría o segundo para os cataláns. Co resultado de 0 a 2 chegaríase ao descanso.

 

Ao pouco de comezar a segunda parte, Neymar dispuxo de dúas ocasións para facer o terceiro, mais a fortuna desta vez non o acompañou. Non pode dicir o mesmo Cesc Fábregas, pois ao aproveitar unha asistencia de Montoya dentro da área conseguiría o 0 a 3 no minuto 63. O propio Fábregas transformaría no 79 o 0 a 4 despois de rematar de cabeza un centro de Dani Alves.

 

Xa no desconto, o colexiado sinalou un penalti a favor do Betis que transformou Jorge Molina, poñendo o 1 a 4 definitivo.

 

O FC Barcelona contesta deste xeito á vitoria do Real Madrid ante a Real Sociedade e aproveita o empate a 1 do Atlético de Madrid ante o Vilarreal para aumentar a 3 puntos a diferenza co segundo clasificado.

Vitoria esmagadora do Barcelona

bottom of page