top of page

                                                                                                                                                                                                                   2 de Novembro de 2013

 

O Palacio dos Deportes de Riazor, na Coruña, presenciou hoxe como o seu equipo lograba unha gran vitoria e daba síntomas de recuperación do espírito da temporada pasada, na cal foron campións da OK Liga.

 

O principio do encontro non foi esperanzador. Aos 7 minutos Formatjé adiantaba aos cataláns cun disparo cruzado. Mais o 13 non foi nesta ocasión un número de mala sorte, pois nese minuto Lucas Ordóñez Lograba o empate para os liceístas. No 17, os coruñeses acadaban o 2 a 1 mediante un gol de penalti transformado por Toni Pérez. Desde ese momento, o HC Liceo nunca volveu a ir detrás no marcador. Pouco despois, unha combinación de Bargalló con Toni Pérez culminaba no tanto do segundo para o 3 a 1, resultado co que se chegou ao descanso.

 

A segunda parte foi outro festival de goles. Lucas Ordóñez poñía no minuto 29 o 4 a 1, no 32 Josep Lamas anotaba o 5 a 1 cun tiro de falta directa. O partido estaba cómodo para os herculinos, mais no minuto 42 David Plaza, nun contrataque, lograga o segundo tanto do Blanes HC, contestado pouco despois por outro de Lucas Ordóñez (6-2). Nestes minutos tolos, o Blanes recurtaría até o 5 a 3, mais no 46 Bargalló marcaba o sexto para o Liceo. No minuto 49, un contragolpe culminado por Lucas Ordóñez deixaba o 7 a 3 definitivo.

 

Despois do encontro de hoxe, o conxunto coruñés suma 7 puntos e ocupa o quinto lugar na clasificación da OK Liga.

 

 

Gran vitoria do HC Liceo ante o Blanes HC

Xogadores do HC Liceo

bottom of page