x
g d
Xornal
GALDEPORTE
28 de Novembro de 2013
Despois da derrota da pasada fin de semana en Monte Alto ante o filial do FC Barcelona (2 a 7), o CAA Dominicos terá unha nova oportunidade de retomar o camiño do triunfo ante un rival directo, o CP Alcobendas. Galegos e madrileños chegan ao encontro igualados a 9 puntos na clasificación. Porén, nesta ocasión os coruñeses contarán de novo con Josama, xogador moi importante para o cadro herculino que perdeu o anterior encontro por motivos laborais.
O choque terá lugar o día 30 de Novembro ás 19:00 horas no Polideportivo José Caballero.