top of page

                                                                                                                                                                                                21 de Novembro de 2013

 

A Xunta Xeral de Accionistas do Celta, á cal acudiron 53 membros (algo máis do 44% do capital), aprobou na asemblea de onte sen votos en contra as contas correspondentes ao exercicio deste ano 2013 (cun beneficio neto de case 10.2 millóns de euros e o informe de xestión) e sen oposición os orzamentos para a temporada 2013-14, cifrados en case 30,5 millóns de euros cun beneficio previsto de 2,4 millóns.

 

En resposta ás preguntas dos accionistas, Carlos Mouriño, presidente da entidade viguesa, asegurou que a débeda concursal sitúase actualmente en 9 millóns, mais as previsións indican que en Xuño estará en 4, polo que se reduciría en 25 millóns en dous anos.

 

Finalmente, Carlos Mouriño, Ricardo Barros, Pedro Posada, Antonio Rosendo, Carmen Avendaño e Primitivo Ferro foron apoiados amplamente como presidente e conselleiros. 

A Xunta de accionistas apoia as contas do Celta

Carlos Mouriño

bottom of page