top of page

                                                                                                                                                                                                                 18 de Novembro de 2013

 

Segundo informa hoxe Galicia Confidencial, despois da reunión entre o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Rios, e do presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; estaría arranxado o problema que supón o veto ás competicións de fútbol base.

 

Esta fin de semana, a Federación Galega de Fútbol suspendeu todas as competicións de fútbol base por causa dunha desavinza coa Xunta, debida a que o goberno se negaba a pagar o seguro dos futbolistas para a temporada 2013-14 do mesmo xeito que viña facendo en cursos anteriores, pois consideraba que o chamado deporte rei debía ser separado do resto de modalidades deportivas debido aos seu “alto risco de sinistralidade”. Dada esta exclusión, a Federación decidiu adiar cautelarmente os encontros a disputar onte nas categorías benxamín e pre-benxamín.

 

Lete, após a xuntanza desta mañá con García Liñares, declarou, sempre segundo Galicia Confidencial, que a Federación xa estaba avisada “desde hai meses” da obriga de contratar un seguro privado valéndose dunha partida orzamentaria de 300.000 € aboada pola Xunta, pois xa non podería seguir a participar no xenérico (Xogade).

A Xunta levanta a suspensión de veto ao fútbol base

bottom of page