top of page

                                                                                                                                                                                                                    8 de Decembro de 2013

 

Esta tarde produciuse a terceira derrota consecutiva do Coruxo. Os vigueses caeron no Ruta da Prata ante o Zamora e permanecen nos postos de descenso.

 

Ao principio do encontro, a néboa espesa e o desenvolvemento do partido impediron que os espectadores que se achegaron ao estadio visen pouco fútbol. No minuto 13, os de Rafa Sáez tiveron unha boa ocasión de inaugurar o marcador nas botas de Pedro Vázquez. No 18, porén, Jorge Hernández anotaba o 1 a 0 para o Zamora. O tanto serviulle de revulsivo aos locais para dominaren o encontro, mais finalmente non se produciron máis goles na primeira metade.

 

O segundo tempo comezou cun susto para os galegos. Montero dáballe a Campos, defensor do Coruxo, un golpe no nariz que provocou que o xogador visitante tivese que ser atendido polas asistencias. Aínda por riba, Dani Mateos dispuña dunha clara ocasión nun un contra un ante Fernando. No minuto 71, Aguado puña o 2 a 0 definitivo.

 

Ao final do encontro, producíronse incidentes entre algúns xogadores do Coruxo e mais o público do Ruta da Prata. Fernando, meta do conxunto vigués, chegou a se encarar co público rival. Con todo, a situación non pasou a maiores. Mal final para un encontro para esquecer.

O Zamora e a néboa poden co Coruxo

bottom of page