top of page

                                                                                                                                                                                                                19 de Novembro de 2013

 

Se a primeiros deste mes coñeciamos a intención do FC Barcelona de lle ampliar a Andoni Zubizarreta o seu contrato como director deportivo, hoxe podemos falar desta información como un feito.

 

Deste xeito, Zubizarreta acompañará, se non media dimisión ou destitución, ao presidente Sandro Rosell até o final do seu mandato, en Xuño de 2016. Lembremos que fora xa o propio Rosell quen confiou no ex gardameta culé para o cargo, despois da súa vitoria nas eleccións de 2010. Zubizarreta chegaba entón á entidade blaugrana despois da súa experiencia negativa como director técnico do Athletic de Bilbao, posto que ocupou entre 2001 e 2004. Porén, as sensacións para o vasco son agora ben distintas, despois de ser parte da vitoria dos cataláns na Champions League de 2011, no Mundial de Clubs de 2011, nas ligas de 2011 e 2013, na Copa do Rei de 2012, na Supercopa de España en 2011 e 2013 e na Supercopa de Europa do 2011.

Andoni Zubizarreta asinou a súa renovación

bottom of page